• Autores intercambiados

    José de Sousa Saramago

    Azinhaga (Santarem), 1922 – Tías (Lanzarote), 2010 Nese guión, a simple vista insignificante, que separa estas dúas datas e coordenadas xeográficas condénsase a existencia deste autor maiúsculo. Unha historia a súa que parece saída da súa propia «pluma» e que ninguén poderá condensar mellor ca o propio autor, protagonista da mesma e cunha prosa laureada co premio Nobel de Literatura en 1998.