• Eu recomendo...

    Eu recomendo…

    INFAMIA, de Ledicia Costas – Pedro Táboas, da librería redondelá «Moliére»- Todo empeza cando unha xove profesora universitaria de dereito penal, Emma Cruz, chega a unha pequena vila escapando dun amor imposible. Unha vila, na que un terrible suceso acaecido 25 anos antes, segue marcando a vida de  moitos dos seus habitantes. A profesora síntese atraída e intrigada por ese suceso, aínda sen resolver, e comenza a relacionarse coa maioría dos implicados nese caso.           Estamos ante unha novela escrita de forma áxil e dinámica, que vai enganchando ó lector, nunha vila na que a néboa e a choiva se xuntan cun escuro pasado cheo de violencia  (pederastia, violacións, desaparicións,…