Autores intercambiados

José de Sousa Saramago

Azinhaga (Santarem), 1922 – Tías (Lanzarote), 2010

Nese guión, a simple vista insignificante, que separa estas dúas datas e coordenadas xeográficas condénsase a existencia deste autor maiúsculo. Unha historia a súa que parece saída da súa propia «pluma» e que ninguén poderá condensar mellor ca o propio autor, protagonista da mesma e cunha prosa laureada co premio Nobel de Literatura en 1998.

Autobiografía de Saramago-Fundación José Saramago

Trátase dun devagar curioso no que a literatura aparece como parte da paisaxe ata que entra na historia como figura principal, e non será ata 1977 cando comece a súa obra narrativa (á excepción do seu primeiro intento Terra do pecado, 1947) que o converterá no autor con nome propio, que crea un estilo único e persoalísimo creando unha figura de referencia da literatura portuguesa, que ademais se caracteriza pola súa universalidade . E como el mesmo dixo nalgunha ocasión, se pola razón que fose a súa vida tivera rematado precozmente, a súa obra nunca tería existido.

Na miña opinión non se pode falar de autor tardío, porque das súas mesmas palabras se entende que as historias o rondaban dende que na súa infancia o seu avó llas contaba ó pé da figueira. Máis ben podemos falar dun autor cunha obra «tardía» que comeza a escribir na súa madurez e acada un éxito realmente excepcional tanto polo seu alcance como pola súa peculiaridade. Quizais é que fose necesaria  a súa vagaxe dende os artificios da cerraxería ou as lecturas nocturnas nas  bibliotecas, as traduccións de grandes obras ou a prensa que o entrenara para a analíse da sociedade e a política. A de Saramago é unha historia desas que nos fai platexarnos por que lle poñemos data de caducidade ós nosos soños ou aspiracións, se o tempo nin se quera existe.

A súa obra é unha conversa continua co autor, que interpela a súa conciencia e quizais aínda máis a súa consciencia ante a realidade a través das máis variadas ficcións. Rebelde ata o punto de renunciar a vivir en Portugal ó considerarse censurado cando o seu goberno vetaba a presentación súa obra O Evangelho segundo Jesus Cristo (1991) ó Premio Literario Europeo, non deixou de aproveitar as oportunidades que a súa notoriedade lle brindou para participar en iniciativas para a promoción do respecto dos Dereitos Humanos e a defensa do Medio Ambiente, acción que segue a ser un dos obxectivos fundamentais da fundación que leva o seu nome na actualidade. As súas declaracións polémicas e o seu posicionamento respecto de determinadas situacións políticas ou sociais foron sempre o o máis afastado da neutralidade durante toda a súa vida e a súa obra nin se quera remata coa súa morte, pois a inconclusa Alabardas, alabardas, espingardas, espingardas (2014) mantén esa conversa pendente para a eternidade.

El é, en fin, «o eco das voces conxuntas das súas personaxes» e aínda que como el mesmo dixo no discurso de aceptación do premio Nobel «non ten máis voz que a voz que eles tiveron». Por tanto, non hai mellor achegamento a José Saramago que o de falar con el lendo as súas obras. 

Se me permitides a licencia, a miña favorita:

Déixovos unha selección de recursos que poden axudarnos a crear unha imaxe moito máis completa de José Saramago, como autor e cunha perspectiva máis íntima.

Discurso aceptación Nobel Saramago 1998Descarga

Para todo tipo de información e os máis variados recursos e documentos de primeira man resulta unha visita obrigada á páxina da Fundación José Saramago:

https://www.josesaramago.org/

E para coñecer un recuncho máis persoal, os seus pensamentos máis íntimos, e o seu grande amor, Pilar, é unha delicia visitar o documental José e Pilar (dispoñible tamén en Netflix).

-Documental realizado por Miguel Gonçalves Mendez (2011)-


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *