Eu recomendo...

Eu recomendo…

INFAMIA, de Ledicia Costas

– Pedro Táboas, da librería redondelá «Moliére»-
Pedro Táboas, na librería Molière, un dos espazos do libro en Redondela a piques de cumprir os 25 anos aberto aos leitores

Todo empeza cando unha xove profesora universitaria de dereito penal, Emma Cruz, chega a unha pequena vila escapando dun amor imposible. Unha vila, na que un terrible suceso acaecido 25 anos antes, segue marcando a vida de  moitos dos seus habitantes.

A profesora síntese atraída e intrigada por ese suceso, aínda sen resolver, e comenza a relacionarse coa maioría dos implicados nese caso.

          Estamos ante unha novela escrita de forma áxil e dinámica, que vai enganchando ó lector, nunha vila na que a néboa e a choiva se xuntan cun escuro pasado cheo de violencia  (pederastia, violacións, desaparicións, corrupción policial…). Personaxes que gardan segredos inconfesables que lles provocaron unha serie de alteracións psicolóxicas que non son capaces de superar.

          En resumo, unha novela que nos leva ó mais baixo da condición humana.

          Agora só queda esperar que Ledicia Costas, ademais de seguir escribindo para os máis pequenos, tamén continúe con novelas de adultos, pois nesta obra, nos descubre un talento do que nos gustaría seguir desfrutando.


Ledicia Costas

Vigo, 1979

Ledicia Costes, nace en Vigo a finais dos anos 80 e ela mesma conta que cando era pequena algunhas das súas cousas favoritas eran ler libros e visitar cemiterios. Agora, na idade adulta, escribe libros e visita cemiterios ao longo de todo o mundo. Sendo unha das autoras de literatura infantil e xuvenil máis recoñecidas e premiadas da literatura galega actual, no seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta (polo que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil) demostra, en palabras do xurado, ese «humor escalofriante» e moi característico que forma parte da súa voz. Voz, que sexa cal sexa o seu público, merece unha e outra vez o recoñecemento de público e crítica, estando este ano dobremente nominada na Gala do Libro Galego 2020 por dúas das súas obras: na categoría infantil por Conexión Macarrón e na de narrativa pola Infamia que hoxe nos trae ata aquí.

INFAMIA

En 2019, Ledicia Costas, entra na escea da novela para adultos, con Infamia, título que sublima con perfección os temas transversais da novela que trascenderán ao ritmo vertixinoso do mellor thriller psicolóxico e tamén nos achega a outra parte da vida da autora a través da súa protagonista, pois comparten formación en dereito e o escenario no que se desenvolve a historia: o campus universitario de Vigo, onde a autora levou a cabo os seus estudos. É longa a lista de autores e autoras que logo de estudar dereito, decisión que a mesma autora di non ter comprendido aínda, migran ó mundo da literatura para demostrarnos que de non telo feito se terían perdidos grandes historias coma esta. Infamia entra no panorama da literatura para adultos cun éxito editorial atroz, cun público impaciente xa por ler máis páxinas e acrecentando, o cada vez máis amplo, catálogo da novela negra galega, sendo ademais este caso unha máis das que teñen unha relación de especial cercanía coa cidade de Vigo, aínda que neste caso a escea trasládase á poboación ficticia de Merlo, moi achegada ao campus universitario envolto pola néboa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *