• Recomendacións

    Eu recomendo…

    VICVS, de Beto Luaces -Dosi, libreiro da icónica libraría redondelana «La Imprenta»- A lectura desta obra ofrece ao lector diferentes perspectivas que o escritor soubo mesturar sen perder un ápice de interese e tensión ao longo da obra.   Por unha parte, na novela, atopámonos cunha serie de lugares totalmente diferentes entre si pero que, porén, foron perfectamente interconectados. A medida que avancemos nas súas páxinas poderemos viaxar por Redondela, Vigo, a Serra do Suído ou Venezuela, algo que provocará que cando percorramos as rúas ou camiños dos diferentes municipios ou lugares que integran a novela, nos paremos cada poucos pasos a localizar, contemplar e comprender a historia dos diferentes…

  • Autores intercambiados

    José de Sousa Saramago

    Azinhaga (Santarem), 1922 – Tías (Lanzarote), 2010 Nese guión, a simple vista insignificante, que separa estas dúas datas e coordenadas xeográficas condénsase a existencia deste autor maiúsculo. Unha historia a súa que parece saída da súa propia «pluma» e que ninguén poderá condensar mellor ca o propio autor, protagonista da mesma e cunha prosa laureada co premio Nobel de Literatura en 1998.