Literaturas Irmás-Irmãs

Dende o comezo, a iniciativa Literaturas Irmás-Irmãs  naceu identificada coa imaxe dunha ponte literaria entre as dúas beiras do Miño, un espazo para achegar dúas literaturas que nacen da misma lingua.

Se hai algo que traspasa as fronteiras coa maior facilidade é a cultura e se hai algo próximo entre as dúas culturas das beiras do Miño é a lingua. E por iso, a literatura presentouse como o fío condutor ideal, máis aínda cando, coma no noso caso, teñen un pasado común que realmente nos permite a galegos e portugueses achegarnos ás obras na outra lingua con relativa facilidade.

Deste pensamento xorde a reflexión sobre o pouco que, en xeral, coñecemos da literatura actual do país veciño a pesar de estar próximos en tantos aspectos e a idea foi a de facilitar e promocionar o acceso á literatura do outro lado do Miño a través das bibliotecas.

A fortuna quixo que o proxecto fose recibido con entusiasmo nas Bibliotecas de Redondela (@bibliotecas_de_redondela), que tiveron a idea xenial de aproveitar a especial vinculación que esta vila dos viadutos comparte coa veciña vila de Monçao (facebook da Biblioteca Municipal de Monçao), posto que ambas están irmandadas dende hai máis de 20 anos debido á grande cercanía dos seus símbolos e tradicións. Así, e debido o entusiasmo e xenerosidade co que o proxecto foi recibido tamén na vila lusa, foise ideando o mecanismo para facer esta idea posible.

Literaturas Irmás-Irmãs artéllase a través dun intercambio bibliotecario periódico de autores galegos e portugueses e as súas obras na vila irmá. Cada 3 meses aproximadamente enviamos e recibimos a obra dunha autora ou autor da outra beira para que a súa obra sexa coñecida, lida, comentada e, en definitiva, máis accesible.

  • De outubro a marzo os autores intercambiados foron: José de Sousa Saramago e Manuel Rivas.
-A imaxe pode estar suxeita a dereitos de autor-

-A imaxe pode estar suxeita a dereitos de autor-
  • Dende marzo os autores presentes neste intercambio son: Sophia de Mello Breyner Andersen e Agustín Fernández Paz.

-A imaxe pode estar suxeita a dereitos de autor-

-A imaxe pode estar suxeita a dereitos de autor-

O proxecto «Literaturas Irmás-Irmãs» nace dunha formación sobre cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, na que se nos propuxo o reto de realizar algunha acción que axudara a visibilizar a especial relación que se produce na nosa fronteira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *